Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mar de Fábula pechou o ciclo de obradoiros de reciclaxe deste singular verán

Exif_JPEG_420
Mar de Fábula pechou o ciclo de obradoiros de reciclaxe deste singular verán

Durante oito sábados dos meses de xullo e agosto, as familias de Camelle dispuxeron dunha fermosa alternativa de ocio creativo para as súas criaturas. A comprometida Asociación Mar de Fábula permitiu que ducias de @s nen@s de Camelle e visitantes puxeran en xogo as súas mans e as súas mentes creativas. Foi nos divertidos obradoiros de verán da entidade, que tiveron a súa cláusula este pasado sábado.

O ben que o pasou a rapazada construíndo todo tipo de animais fantásticos co abundante lixo plástico mariño que teñen almacenado os membros da Asociación, despois de revisar e organizar o lixo que recollen nas súas limpezas. Material limpo e preparado para ter novas vidas.

No acto de clausura, ademais dos pequenos artistas e os seus familiares, tiveron a satisfacción de contar coa alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, que quixo mostrar, coa súa presencia, o apoio do concello ao traballo de información e sensibilización ambiental que dende Mar de Fábula están a levar adiante para deixar ás novas xeracións un mundo habitable.

De seguro que estas criaturas nun futuro serán das que se animen a participar nesas limpezas de lixo plástico mariño de praias e coídos que organiza a entidade. E de seguro que animarán ás súas familias a participar nas seguintes que se celebren pola zona.

Exif_JPEG_420

Novas relacionadas

Comentarios