Venres. 27.11.2020
El tiempo

Comezaron en Muxía as obras de mellora na AC-440

Comezaron en Muxía as obras de mellora na AC-440

Esta mañá daban comezo as obras, desenvoltas pola Xunta, de mellora do firme na estrada autonómica AC-440, en Muxía. Esta obra, de fresado e a reposición da capa de rodaxe do firme nos ámbitos sinalados, inclúe actuacións na contorna da curva situada no punto quilométrico 7+800, así como nos treitos desta vía entre os puntos: 11+020 e 11+080, 11+500 e 11+540, 11+800 e 12+300.

Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones López Calo, S.L por un importe de máis de 48.000 000 euros, conta cun prazo de execución de 1 mes.

comentarios