martes. 07.10.2025
El tiempo

As comunidades escolares dos tres coles de Muxía saíron á rúa contra os recortes de profesorado

Manifestacion contra os recortes nos coles de Muxia
As comunidades escolares dos tres coles de Muxía saíron á rúa contra os recortes de profesorado

As comunidades escolares dos 3 centros de ensino de Muxía saíron esta mañá á rúa para protestar contra os recortes da Consellería de profesorado de apoio ás crianzas con necesidades especiais.

Familias e crianzas, non só de Muxía senón tamén de Cee, Camariñas, Corcubión ou Ponteceso, acodiron á chamada das ANPAS dos tres centros educativos (ANPA O Facho CEIP Os Muíños, ANPA O Enfesto do CEIP Virxe da Barca e ANPA O Castro do CEIP Vilarmide). Apoiadas polos grupos políticos de PSOE, PP, BNG e IxMuxía, realizaron un percorrido por toda a vila lanzando moitas arengas.

Representantes do PSOE-BNG-PP e IxMuxia na manifestacion contra os recortes no ensino

Manifestacion contra os recortes nos coles de Muxia 3

”Non máis recortes en educación”, “Máis recursos para Muxía”, “Os nenos de Muxía queren profesores”, ou “Román escoita, Muxía está en loita” (en ausión ao Conselleiro de Educación) foron algúns dos cánticos que se escoitaron durante a xornada reivindicativa.

Mentres as ANPAS mantiñan unha reunión coa Inspectora, as familias denunciaban os graves problemas que teñen os centros trala redución de profesosionais específicos como os PTs e os ALs, pero tamén de profesores e profesoras de materias específicas. Comezaba cunha concentración no Cabo da Vila, para posteriormente protagonizar manifestación percorrendo as rúas do mercado, parando diante do IES e continuando ata o porto, na rambleta lugar mítico de xogo dos nenos . Alí unha das nais do CEIP Os Muiños leu un manifest en contra os recortes e explicando a problemática. "Non imos parar, queremos o que nos corresponde, o que ós nosos nenos e nenas necesitan, non é un capricho é unha necesidade e un dereito", sentenciaron.

O cole dos Muíños, por exemplo, pasou a contar con 24 alumnos e alumnas con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) fronte a 23 o ano pasado, pero as sesións de apoio pasaron de 34 a 26. No caso do Virxe da Barca, o alumnado NEAE pasou de 12 a 9, pero as sesións de apoio pasaron de 10 a 7.

O asunto chegará ao Parlamento Galego a través das mocións de PSOE e BNG.

Manifestacion contra os recortes nos coles de Muxia 1

Máis novas sobre os recortes

Comentarios