Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Critican a "desidia" do goberno muxián pola perda de subvencións para as entidades culturais

Critican a "desidia" do goberno muxián pola perda de subvencións para as entidades culturais
muros-do-nordes As actividades do Muros do Nordés, da Asoc. Comarea reciben unha subvención da Deputación En Muxía só 3 das asociacións do Concello recibiron axudas culturais da Deputación. Unha cifra miúda, que segundo a voceira do grupo popular Sandra Vilela, é culpa da “desidia e deixamento” do goberno local. da perda de subvencións de Deputación destinadas a entidades culturais. Para o PP é moi grave que, “nun pobo tan activo, social e culturalmente, coma Muxía”, só solicitasen estas importantes axudas as A. C.Celebración Romaría Virxe da Barca, Asociación Cultural San Miguel e Asociación Xuvenil Comarea. E é certo que os Concellos deben estar moi activos e transparentes para facerlle chegar estas posibilidades ás súas asociacións. E por aí Vilela desconfía de que que o resto de asociacións descoñecían a existencia da devandita liña de subvencións “a pesares de ter unha concelleira con dedicación exclusiva que se supón debería ter, dentro das súas responsabilidades, a obriga de informar dás axudas, puntual e axeitadamente, ás distintas entidades asociativas sen ánimo de lucro”. “O nivel de deixadez e falla de compromiso do goberno socialista local e tal que, de feito, nin sequera informan ás entidades das propias liñas de axudas que o concello concede, como xa denunciou o PP ao respecto do acontecido cunha ANPA”.   

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-deputacion-deixa-108-000e-en-32-asociacions-culturais-de-13-concellos-da-comarca/

Comentarios