Venres. 15.11.2019
El tiempo

Días de confirmacións

Días de confirmacións

AS BBC (Bodas, Bautizos e Comunións) que tanto traballo dan aos fotógrafos deste país, están a pleno rendemento estas fins de semana.

Así, este pasado domingo 28 de xullo de 2019, celebraronse as Confirmacións na Parroquía de San Martiño de Ozón en Muxía. Acompañando ós nenos e nenas Sergio, Saray Díaz, Angel, Ismael, Laura, Anxo, Saray Ribeiro, Martín e Miguel da Parroquía de San Martiño de Ozón e Lara da Parrroquía de San Pedro da Ponte do Porto, estiveron o párroco don Ramón, o Bispo Auxiliar don Jesús, que só vén unha vez ao ano, así como os seus familiares e catequistas.

Un día cheo de ledicia e felicidade para todos, así como cargado cunha espiritualidade moi vivida e sentida por todos os participantes na ceremonia.

Cheo na igrexaConfirmacions en Muxia 2

Comentarios