Luns. 15.08.2022
El tiempo

Dous guías de excepción achegan a maxia de Moraime á veciñanza

Dous guías de excepción achegan a maxia de Moraime á veciñanza
Porta occidental do Mosteiro de Moraime Muxia Xan Fernández Carrera e Manuel Vilar nos guiarán por Moraime

Nada menos que Xan Fernández Carrera e Manolo Vilar serán os guías dunha visita especial. O conxunto monumental de Moraime é o destino principal da nova ruta que organiza o Concello de Muxía para o sábado, 7 de xullo.

I é que Moraime é un conxunto cheo de lendas e relacionado co Camiño Xacobeo e coa lenda da Virxe da Barca. Unha xoia que hai que descubrir...Así, con esta ruta e visita guiada o Concello quere achegar máis Moraime ao público. De feito, será unha gran oportunidade para atrevernos a crear un completo Recuncho da Costa.

A ruta non irá por estrada, senón que percorrerá distintos núcleos de interese para chegar a Moraime. Polo camiño irá como guía o historiador Xan Fernández Carrera, que irá destacando os diferentes puntos de interese do camiño.

Ao chegar a Moraime visitaranse os diferentes elementos destacables e proxectaranse na igrexa diapositivas das excavacións e outros elementos de interese... coas explicacións do antropólogo Manuel Vilar Alvarez.

Un pouco de historia sobre Moraime

Imaxe da Porta Sur do Mosteiro de Moraime Muxia

O conxunto monumental de Moraime foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 1972, o mesmo ano no que se fixeron excavacións dirixidas por Chamoso Lamas (daquela Delegado de Belas Artes para Galicia), atopándose restos dunha villae romana, dunha necrópole visigoda e muros do antigo mosterio medieval. Ademáis Moraime foi un foco importantísimo no medievo como elemento organizador do territorio, hoxe a nosa comarca é como é , en parte pola acción dos monxes bieitos de Moraime.

Neste mosteiro estivo albergado canda neno o rei Afonso VII (que posteriormente fará unha doazón para a reconstrucción da igrexa, documento no que xa se fala – en 1119- da existencia de peregrinos en Moraime) e moitos cabaleiros medievais quixeron ser soterrados en Moraime... Aínda así Moraime segue a ser un grande descoñecido que compre coñecer e recuperar e ofrécenos xoias que van dende as súas portadas, cun programa iconográfico espectacular, ata as pinturas murais da igrexa , de estilo gótico hispanoflamenco (que aparecen na obra de Manolo Rivas “En salvaxe Compaña”), pasando por unha escultura obra do gande escultor galego Asorey, e que se atopa no vello cemiterio...

Detalle de Asorey no Cemierio de Moraime Muxia

Máis información

É necesario inscribirse no Concello de Muxía (981 74 20 01) máis que nada para saber con canta xente contamos para a actividade, e a inscrición está aberta xa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

comentarios