Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Emma Pedreira, galardoada co III Premio López Abente

Emma Pedreira, galardoada co III Premio López Abente
Emma-Pedreira

Xa temos fallo do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente. O pasado venres reuniuse en Muxía o xurado convocado pola Fundación Gonzalo López Abente en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. E o xurado, composto polos poetas X. H. Rivadulla Corcón, Miguel A. Mato Fondo e Modesto Fraga- actuando como secretaria Viki Rivadulla- decidiu, por unanimidade premiar á obra “S/t” da poeta coruñesa Emma Pedreira.

O xurado destaca así, una obra que indaga nos grandes temas universais, nas vivencias da aldea, os froitos da terra, o tempo da infancia e a memoria, nun discurso elaborado que sona moi verdadeiro, saído dunha necesidade vital de facelo.

O galardón consiste na publicación da obra gañadora en Edicións Xerais, un premio en metálico de 2.000 € e una estatuíña de Viki Rivadulla.

Xurado do II Premio Lopez Abente

Acto de entrega

Emma Pedreira recollerá o premio o día 11 de xullo, nun acto que organizará a Fundación para este fin e no que tamén participarán o gañador do ano pasado, Laureano Xaquín Araújo, e o muxián Xosé Luís Vilela, director de La Voz de Galicia -que dará una charla sobre a figura de López Abente.

O acto irá acompañado polas actuacións da Coral Polifónica Virxe da Barca e Abaladeiras de Muxía.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios