Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Fundación López Abente presentou o poemario do seu II Premio

A Fundación López Abente presentou o poemario do seu II Premio
Laureano Xoaquin Araujo Cardalda II Premio Lopez Abente

A Fundación Gonzalo López Abente realizou a presentación pública do gañador do IIº Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Un poemario que leva apor título “Os días condenados. Fragmentos para un devocionario”, da autoría de Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, e que éEditado por Edicións Xerais de Galicia.

O Acto tivo lugar o 25 de febreiro na Libraría Couceiro e nel participaron X. H. Rivadulla Corcón (Fundación Gonzalo López Abente) Manuel Bragado (Edicións Xerais), María Arce (Poeta e filóloga), o autor Laureano Xoaquín Araujo Cardalda. A cita ademais estivo acompaña pola actuación da arpista e cantante Clara Pino.

O Autor

O autor, Laureano Xoaquín Araujo Cardalda (Berna – Suíza 1964) é profesor de Alemán de ensino secundario en Santiago de Compostela. Tradutor, tendo traducido ao galego entre outras obras A morte en Venecia de Thomas Mann e Opinións dun pallaso de Heinrich Böll. É doutor en ciencia política e licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. E ten publicado e ditado conferencias sobre ensino, sociolingüística e tradutoloxía. OS DÍAS CONDENADOS. FRAGMENTOS PARA UN DEVOCIONARIO, é o seu primeiro libro de poemas editado.

Na contracapa do libro saliéntase: “Arroupada por unha constelación de voces amigas, a palabra celebra a plenitude do amor e do sexo, evoca os momentos atrapados e os obxectos marcados, recoñece a impotencia ante o abandono e a perda, reclama a memoria, contempla as identidades esgazadas, abraza quizais a esperanza. Entoa, en suma, un canto á gallardía”.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios