Félix Porto xa ten relevo oficial

06:57 03/12/18

A visita do presidente provincial Valentín González Formoso co gallo das riadas serviu para coñecer unhas das incógnitas que se mantiñan en Muxía de cara ás eleccións municipais de maio de 2019. Será Iago Toba, actual concelleiro de Deportes, o novo candidato á alcaldía do PSOE de Muxía. Toba relevará a Félix Porto, que despois de gañar 3 eleccións e estar 12 anos no goberno, tomou decisión de apartarse.
En fronte terá a Sandra Vilela, voceira do PP que xa comezou unha crúa campaña, e probablemente a Carlos Fernández Concheiro, edil nacionalista que por agora mantén un perfil máis calado.