Fin de semana Abentina, peregrina e literaria en Muxía
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2012/08/06/Expres-Literario-de-Muxia.jpg)
Fin de semana Abentina e literaria en Muxía, pois a vila da Barca acollía unha emotiva Ruta Abentina para coñecer os segredos do poeta local, así como un novedoso outlet de libros, que tivo unha grande acollida.
Ruta Abentina
![XH-Rivadulla-Corcon-e-Xan-Fdez-Carrera-presentando-a-Ruta-Abentina-por-Muxia X.H. Rivadulla Corcón e Xan Fdez. Carrera presentaron a Ruta Abentina por Muxía](/media/quepasanacosta/images/2012/08/06/XH-Rivadulla-Corcon-e-Xan-Fdez-Carrera-presentando-a-/media/quepasanacosta/images/2012/07/31/Ruta-Abentina-por-Muxia.jpg)
Unhas 40 persoas participaron na Ruta Abentiana por Muxía que organizou a Fundación Gonzalo López Abente o pasado sábado, para percorrer a vila visitando lugares emblemáticos na obra do poeta muxián. A ruta, deseñada por Xan Fernández Carrera, estivo guiada por el mesmo, e foi acompañada con lecturas de poemas de López Abente, que fan referencia ou teñen relación cos lugares visitados. A lectura de poemas correu a cargo de X. H. Rivadulla Corcón, Serxio Iglesias, Carmen Sambad, Dolores Canosa, Rosalía Fernández, Xosé Manuel Varela, Miguel Vázquez Freire e Xaime Trillo.
A ruta ademáis de dar a coñecer elementos da historia da vila de Muxía e da obra do poeta López Abente, segue o obxectivo da fundación de dar difusión á obra do poeta, e ademáis foi un bo momento para reunir 8 poetas da Costa da Morte, que prestaron a súa voz aos versos do poeta do mar, demostrando unha vez máis a forza de esta terra vizosa en literatura.
![Ruta-Abentina-por-Muxia](/media/quepasanacosta/images/2012/07/31/Ruta-Abentina-por-Muxia.jpg)
A Fundación López Abente quere facer público o seu agradecemento ás persoas que acompañaron a ruta e aos e ás poetas que deron voz aos poemas do autor muxián.
Outlet de libros
![Inauguracion do 1 Outlet de Libros de Muxia Inauguración do 1º Outlet de Libros de Muxía](/media/quepasanacosta/images/2012/08/06/Inauguracion-do-1-Outlet-de-Libros-de-Muxia.jpg)
Grande acollida a que tivo tamén o 1º Outlet de libros de Muxía. A praza do Cabo da Vila muxiá acolleu durante a fin de semana esta proposta para recuperar o troco de cultura que se viu marcada pola visita dos pesos pesados culturais da zona. Na inaguración estiveron presentes o Alcalde e presidente da Fundación López Abente, Félix Porto, e o editor Quique Alvarellos, o poeta Miro Villar, entre outros, como os responsables das outras editorias organizadoras.
O Outlet viviu o seu momento máis intenso co "Expres Literario", un compendio de poemas lanzados á atmósfera dende a que esta fin de semana se convertiu na vila literaria máis prolífica do país. O acto consistiu en presentacións de libros curtiñas. Cada presentación no podía exceder dos 10 minutos. Desfilaron autores presentando libros que teñen publicados ou que van ver a luz en breve dentro das editorais participantes como Alvarellos editora, Sotelo Blanco, Urco Editora e Edicións Positivas. O acto estivo presentado polo editor Paco Macías (edicións Positivas) e participaron Paco Souto, Miguel Mato Rivadulla Corcón, Rosalía Fernández, Miro Villar, o editor Henrique Alvarellos, e Samuel París, dende Muros e con moita terbutalina. Estiveron acompañados pola música de Mon Búa.
![Expres Literario de Muxia Samuel París, Rosalía Fdez, Paco Souto e Miguel Anxo Mato Fondo foron algúns dos contacontos do Expres Literario de Muxía, ao compás da guitarra de Mon Búa](/media/quepasanacosta/images/2012/08/06/Expres-Literario-de-Muxia.jpg)
Homenaxe a Pombo e De la Riera
![Anton Pombo e De la Riera recibiron unha emotiva homenaxe en Muxia](/media/quepasanacosta/images/2012/08/06/Anton-Pombo-e-De-la-Riera-recibiron-unha-emotiva-homenaxe-en-Muxia.jpg)
Outra das citas muxiás da fin de semana tivo tintes peregrinos. I é que un grupo de amantes do Camiño de Santiago da Costa da Morte quixeron rendir homenaxe a dous dos grandes valedoras da Prolongación do Camiño ata Fisterra-Muxía. Jose Antonio de la Riera e Antón Pombo recibiron unha humilde pero moi emotiva homenaxe, con regalos pero sobre todo, con moito cariño e agradecemento polo seu incansable traballo.
Cómpre reseñar o valor destas manifestacións públicas de agradecemento, unha vez que nesta bisbarra ás veces esquecemos o traballo desinteresado dalgunhas persoas porque non conflúen exactamente coas nosas premisas.
Novas relacionadas
- Muxía recupera a prosa salgada de López Abente.
- Muxía non deixa un día libre no seu completo programa de verán.
- Homenaxe peregrino a Antón Pombo e José Antonio de la Riera.
- Terminar o Camiño no Mar, con José Antonio de la Riera.
Fonte
- Concello de Muxía e Fundación López Abente da man de Viki Rivadulla.