![curso_vela_muxia]()
Once mozos menores de 12 anos participaron a pasada semana no Curso de Iniciación a Vela e Kayak que organizou o Concello de Muxía, a Escola de Vela Cataventos e o Clube Marítimo Carrumeiro.
Durante as cinco sesións levadas a cabo entre os días 14 e 18 de xullo, os mozos participantes amosaron a súa destrezaa e saber facer mariñeiro, sendo capaces de navegar de forma autónoma en barcos individuais Optimist.