Hippy, de abandonado a salvador
Poderíamos estar perfectamente falando de Salvacadelos, pero hoxe a historia, malia que paralela, non se relaciona. Falamos de Hippy, este can de rescate que xa é alma da Unidade Canina de Protección Civil de Cee.
Hippy foi rescatado por Alejandro Miguez e Juan Manuel Trillo para convertilo nun can que salva vidas. E a día de hoxe é todo un exemplo e deixa ca boca aberta pola súa eficacia.
Quen o comprobaron de primeira man foron os cativos do combativo CEIP Os Muíños, que lle ensinou aos pequerrechos como traballa un can adestrado. Amosou distintas técnicas relacionadas coa obediencia, a garda e a busca. Así o can "Hippy" compartiu unha divertida xornada cos escolares, que aprenderon que "o mellor amigo do home" debe recibir primeiro cariño e coidados.
Máis información
- Curuxeira dos Muíños: Galería de fotos da visita de Hippy aos Muíños.
Novas relacionadas
- Campamento de convivencia en Estorde.
- Un asasinato, un maltrato e un abandono: mala semana para os cans na Costa.
- Pinio medra feliz en Suiza
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos do CEIP Os MUíños.