Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O IES Ramón Caamaño recupera Radio Buserana

Radio Buserana no IES Ramon Caamano
O IES Ramón Caamaño recupera Radio Buserana

O pasado venres día 13, o instituto de Muxía reinaugurou oficialmente o seu estudo radiofónico. Fíxoo cun recital de poesías escritas por Florencio Delgado, no marco das celebracións entorno ao mencionado escritor, protagonista do Día das Letras Galegas deste ano.

Cómpre salientar que o devandito centro educativo xa estivera nas ondas anos atrás, polo que foi posible aproveitar parte das instalacións e material da que fora bautizada como “Radio Buserana”. Porén, foi preciso incorporar unha nova mesa de son para adaptarse aos cambios tecnolóxicos.

Ata o momento, un grupo de docentes e alumnos fixeron algunhas probas neste medio, a través de entrevistas a conferenciantes que visitaron o centro.

A idea de cara o próximo curso é deseñar unha planificación que posibilite que todos os estudantes do centro visiten con asiduidade os micrófonos.

Comentarios