Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Kevin Carballo Sandobal, un muxián polo Campionato de España de Xadrez

Kevin Carballo Sandobal, un muxián polo Campionato de España de Xadrez
O muxian Kevin Carballo Sandobal viaxa a Granada ao Campionato de Espana de Xadrez Alá marchaban hoxe o pequeno Kevin Carballo Sandobal acompañado de dous Santiago Pérez, adestrador e presidente do clube de Xadrez Cabo Touriñán. I é que o pequeno valor costeiro vai desputar o Campionato de España de Xadrez en Granada, unha vez que se clasificaba o ao quedar subcampión galego sub-8 hai uns meses. Os responsables do clube acompañan a Kevin para dar este potente salto a nivel estatal. E o fan tras facer unha "campaña" para recaudar diñeiro para o viaxe e o aloxamento, na cal o Concello de Muxía puxo o seu gran de area. Kevin leva acadando éxitos desde que aprendeu a mover as pezas de xedrez hai tan só 1 ano. E ollo que o futuro está moi aberto, pois só ten 7 anos. "Sabemos que o campionato nacional vai a ser moi duro pero ademais de ser unha oportunidade para darnos a coñecer como clube, xa que soó levamos 2 anos no mundo do xadrez, tamén é unha oportunidade de coñecer mundo e a ese astro chamado sol que din que existe", comenta o tremendamente comprometido presidente, unhas desas persoas que fan do deporte de base costeiro o mellor xeito de crecer.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e foto do Xadrez cabo Touriñán, da man de Santi Domínguez.

Comentarios