#SEMANASANTA
Mar de Fábula invita a limpar o Coído de Touriñán por Semana Santa

Trala rotunda demostración de compromiso da veciñanza de Camelle a Arou, o colectivo Mar de Fábula fai un novo chamamento aos veciños de Muxía e a todos os voluntarios dispostos a botar unha man ao mar.
Ante a nova ondada de plásticos que ateigan o areal debido aos temporais do inverno gobernados polo sudoeste, o rei dos ventos, o Coído de Touriñán será un lugar perfecto para unha limpeza. “O mar non quere nada que non sexa seu”, valora Xosé Manuel Barros, alma da entidade.
A cita será este sábado 20 de abril, en plena Semana Santa, ás 11.00 horas. O punto de encontro será o Faro de Touriñán, ás 1100 horas (escasamente a 2 kms da baixada ao coído). Mar de Fábula levará todo o material necesario para a limpeza: bolsas, lubas e material de amarre; e contarán co soporte loxístico do Concello.
Se ben parece que non vai chover, si que parece que haberá nordés polo que se recomenda levar abrigo, e comida para facer picnic ao remate.
Artigos de Xosé Manuel Barros
- Que facer co lixo plástico?.
- No Día Mundial dos Océanos, unha limpeza de praia máis, non sirve para nada.
Novas relacionadas
- A veciñanza de Camelle salva o seu mar.
- Moito máis que unha limpeza. Unha xornada de concienciación directa.
- Sementando nos nosos pequenos unha mensaxe de sensibilidade, respecto e amor pola nosa natureza.
- “Se depositamos os bastonciños nunha papeleira, evitamos que chegue ao mar un dos dez primeiros contaminantes”
- Campaña “A túa casa non queda tan lonxe do mar”: Pequenos cambios, grandes resultados.
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
Outras novas