Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Este mércores terá lugar o pleno sobre a estrada de Vilachán

tractor accidentado nunha via secundaria de Senande
Tractor accidentado nunha vía secundaria de Senande
Este mércores terá lugar o pleno sobre a estrada de Vilachán

Este mércores terá lugar o pleno extraordinario que solicitaran mediante un acordo BNG e IxM sobre a reapertura da estrada de Vilachán. O alcalde convocaba, no día límite para facelo, a cita para ás 08.30 da mañá.

Na orde do día Bng e IxM incluíran como prioritaria a reparación da ponte sobre o Rego de Vilachán para abrir unha estrada que vai para os catro meses pechada, cos conseguintes prexuízos provocados á veciñanza e aos establecementos da zona. Incluíronse tamén subapartados como o encargo de proxecto técnico, o modo de financiación e a tramitación dos permisos a Augas de Galiza, para que se axilicen as obras.

Os dous grupos incléun outras reparacións “urxentes” no pleno, como a das vías secundarias de Senande, nomeadamente a que vai á depuradora, onde un tractor caeu dentro dunha fochanca o pasado venres.
Así, piden tamén a reparación da estrada cruce de Castelo-Senande; a reparación da vía de comunicación Vilar de San Martiño-Añobres; a reparación en Merexo da pista de San Martiño no tramo alto da localidade, na que a vexetación invade os laterais e a parte central da calzada que xa ten un ancho polo que un coche apenas pasa; e as das vías de acceso a Agrodosío.

Tamén instarán ao goberno municipal a empezar dunha vez as obras de mellora da estrada de Leis a Cereixo, obra financiada pola Deputación aprobada en 2022 pero que segue sen executarse.

Finalmente, os grupos soliciitarán que o goberno municipal mellore a xestión da recollida de lixo e limpeza, xa que entende que “o actual funcionamento provoca queixas continuadas da veciñanza e hostaleiros polos cheiros e o estado dos contedores, nos que o lixo e os lixiviados desbordan diariamente”.

Novas relacionadas

Comentarios