Luns. 29.04.2024
El tiempo

Denuncian que siga cortada a estrada de Vilachán a Guisamonde após de meses

estrada cortada e veciños con carlos concheiro
Denuncian que siga cortada a estrada de Vilachán a Guisamonde após de meses

Farta está a veciñanza de Vilachán, Guisamonde e localidades cercanas. Levan meses cunha estrada cortada. A ponte sobre o rego de Vilachán, na estrada que une Vilachán e Guisamonde veuse abaixo hai meses, e o goberno municipal colocara unha chapa metálica; foi xa o pasado mes de maio cando o BNG denunciaba o perigo de derrubamento desa chapa, ante o que o Concello decidiu pechar a estrada.

Ata esta semana, que a veciñanza saíu á rúa para esixir, co respaldo do BNG (que volveu levar o asunto ao pleno de xullo), que se solvente esta situación que obrigan aos veciños a dar unha volta por Frixe ou Morquintián para acceder a fincas ou casas.

Ademais, lembran que o corte non está informado ás apps correspondentes e onte mesmo, cando os veciños se concentraron para protestar pola situación, chegou unha turista que se dirixía a Nemiña, atopouse co corte e non sabía por onde ir. Os veciños contaron que a algúns turistas cando chegan á ponte cortada, o GPS envíaos por unha ruta alternativa regresado a Berdoias e que nas reseñas dos establecementos se queixaban dos accesos e da falta de información para chegar a eles.

”Agora van xa case tres meses desde o corte e non se fixo ningunha xestión para solucionar o problema: a ponte segue afundida, a estrada cortada e a vexetación invadindo xa unha boa parte do asfalto”, denuncian dende o BNG. “Acércase a tempada de recolleita do millo e os veciños non saben por onde van pasar os tratores nin tampouco o transporte escolar dos rapaces en setembro”.

estado do firme da estrada alternativa Vilachan 2023
Estado do firme da estrada alternativa a Vilachán

Comentarios