xoves. 14.11.2024
El tiempo

A Xunta volve poñer o foco en Moraime

A Xunta volve poñer o foco en Moraime
Román Rodríguez, visitará as actuacións realizadas no xacemento e a igrexa do mosteiro de San Xiao de Moraime Visita ás actuacións realizadas no xacemento e a igrexa do mosteiro de San Xiao de Moraime

Xa no contaba a semana pasada o propio arqueóloxico Emili Ramil: “Hai restos suficientes para que se lle dea a Moraime unha valoración patrimonial importante”. E parece que as súas indicacións chegaron “arriba”, pois despois de pasar 46 anos esquecido, a Xunta parece que quere poñer en valor o potencial arqueolóxico e cultural do conxunto patrimonial.

Así o anunciaba esta mañá o Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, durante á súa visita ao xacemento e a igrexa de San Xiao de Moraime. Despois de comprobar o estado actual da pintura mural tras os traballos de restauración finalizados este ano, no que se empregaron 50.000 euros na reintegración da policromía, sinalaron que “o obxectivo é traballar sobre este conxunto co fin de garantir a protección do xacemento e a permanencia do inmoble e do patrimonio artístico que atesoura, aumentando así o seu interese turístico”.

Estudo do o xacemento arqueolóxico romano-medieval

Visita institucional ás actuacións realizadas no xacemento e a igrexa do mosteiro de San Xiao de Moraime Visita institucional ás actuacións realizadas no xacemento e a igrexa do mosteiro de San Xiao de Moraime

Sobre o estudo do que nos falaba Eimil, a Xunta explica que na actualidade estase a realizar un estudo arqueolóxico do ámbito e farase un levantamento fotogramétrico das estruturas atopadas que formarán parte da correspondente memoria técnica que dará conta do estado de conservación destes restos. Cómpre destacar que a Xunta está a investir 16.940 euros destinados ás sondaxes e á realización de dito estudo.

2019, nova licitación

A Xunta lembrou que dende 2009 si se levan realizando actuacións para a protección de pinturas, murais… Pero sobre todo anunciou que para o ano 2019 está prevista a licitación do proxecto básico e de execución de obras de conservación das fachadas por un importe de 456.762,90 euros.

Cómpre lembrar sempre que o conxunto da igrexa e os edificios do antigo mosteiro é un dos exemplos senlleiros do románico galego con achegas estilísticas de épocas posteriores e ten a consideración de Ben de Interese Cultural. Ademais, a igrexa atópase no Camiño de Santiago, e contén pinturas medievais únicas situadas na parede norte e na sur.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/hai-restos-suficientes-para-que-se-lle-dea-a-moraime-unha-valoracion-patrimonial-importante/

Comentarios