Luns. 29.04.2024
El tiempo

A música invade a Punta da Barca

Concertos na Fin do Munedo en Muxia
Imaxe dos concertos do ano pasado
A música invade a Punta da Barca

O Faro da Punta da Barca, en Muxía, acolle esta fin de semana un festival singular. Mar Aberto propón disfrutar da música no marco dunha paraxe espectacular, cunha serie de concertos íntimos cun aforo moi limitado e unhas propostas artísticas deseñadas para cada espazo que permiten ao público gozar das actuacións único e irrepetible.

O venres 21 poderemos gozar dos concertos da banda de soul Freedonia e as galegas Fillas de Cassandra, un dos grupos revelación do panorama musical galego.

O sábado día 22 será a quenda da emblemática artista portuguesa Mísia e da galega Cora Velasco.
O festival completa o seu elenco musical coas actuacións de Señora dj e Rapariga dj, que coas súas sesións ambientará algúns dos momentos máxicos do día, como as incribles postas de sol sobre o Atlántico que o público de Mar Aberto poderá gozar.

Entradas gratuítas

Festival Mar Aberto é o primeiro festival ao que pagas por NON ir. Os que queiran asistir poden reserva as últimas entradas na web www.festivalmaraberto.com. Ao facer a reserva, o sitio web cobrará un depósito de 15€ por entrada. Cantidade que se devolverá na súa totalidade no momento no que acceda ao concerto e valida a túa entrada. Así que as entradas son gratuítas.
 

Concertos mar aberto en Muxia

Comentarios