Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Muxía acollerá un Encontro Planetario de Mulleres Peregrinas

Muxía acollerá un Encontro Planetario de Mulleres Peregrinas
Mulleres do Women Planet Circle

Nada menos que o 2º Encontro Internacional do Círculo Planetario de Mulleres terá lugar en Muxía. Un grupo de máis de 30 bravas mulleres viaxarán dende Italia ata a vila da Bacar para convertir a todas as mulleres da Cooperativa que mantén vivo Mosteiro de San Martiño de Ozón, Aurora de los Caminos.

Este heteroxéneo grupo de mulleres de todas as idades, unidas pola espiritualidad, a procura das raíces, a comuñón coa natureza e os astros, e en moitos casos grandes viaxeiras e caminantes, quere empezar o seu periplo no Finisterre por Muxía. Quedarán o 20 de setembro no monasterio de Ozón en Muxía onde realizarán varios encontros de confraternidad e procura espiritual. Ao día seguinte levarán a cabo unha camiñada de Muxia a Ozón e unha cerimonia feminina na Pedra de Abalar e un recital chamánico para honrar este ancestral santuario precristiano. Pasarán así as vésperas do equinocio de outono,

Women Planet Circle

O grupo fundouse o 21 de setembro do ano pasado nos Prealpes italianos, en Valganna-Varese, cun multitudinario encontro de mulleres que acordou fundar o Circulo Mundial de Mulleres e un consiglio ou consello. O Círculo de Mulleres acordou realizar o seguinte acto na nosa comarca e estará en Muxía os días 20 e 21 de setembro, como indica Devana, unha escritora e chamana italiana que xa realizou o ano pasado o camiño de Compostela a Muxía e encárgase de coordinar o grupo, axudada en España por Teresa Ramos, que coordina varias páxinas de meditación e chamanismo ademas de grupos de música espiritual.

Son mulleres italianas, suizas, francesas, españolas, egipcias… O seguinte encontro será para honrar a unha muller especial, doutora da igrexa e druida, como anuncia a coordinadora: “en 2015 imos reunirnos en Alemania na terra de Hildegard von Bingen”.

E hai vinculación costeira, pois unha das mulleres, a escritora Devana, está preparando un libro sobre as raíces precristianas do Camiño de Compostela a Fisterra, xunto a escritor galego Rafael Lema, ao que lle traduciu ao italiano varios traballos. O libro que sairá en Italia a fin de ano chámase “Il Cammino dei Druidi dei Compostela”. As súas viaxes polo camiño jacobeo ata Fisterra e Muxía leváronlle a escribir artigos en italiano e tamén un cd de música chamánica con varios temas dedicados a lugares da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios