Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muxía aprobou o aumento do SAF na estrea dos plenos telemáticos

PLENO telematico en Muxia
O alcalde Iago Toba durante o primeiro pleno telemático da historia do Concello de Muxía
Muxía aprobou o aumento do SAF na estrea dos plenos telemáticos

Aí están. 5 semanas despois do comezo do confinamento o Concello de Muxía realizou o primeiro pleno telemático da comarca. Os edís xuntáronse por videoconferencia o pasado xoves 23 de abril ás 19:00h para aprobar o aumento o número de horas do Servizo de Axuda no Fogar.

Aprobouse por unanimidade mediante un suplemento de crédito (de 68.000€), así como da partida do servizo da lavandería sobre rodas.

A ocasión serviu para facer un agradecemento público a Protección Civil, á Policía Local, aos operarios municipais, ao equipo de voluntariado, aos traballadores administrativos, á secretaria e á irtenventora, así como a Gonzalo de Servizos Sociais, que puxo o sistema en marcha, así como aos sectores afectados, o mundo do sector primario, sanitarios, transportistas e á cidadanía de Muxía en xeral.

Camariñas, o seguinte

Ten Camariñas xa previsto o seu primeiro pleno telemático que servirá para sacar adiante un recoñecemento de crédito para poder pagar facturas a provedores. A data aínda está por marcar, pero todos os integrantes do pleno da corporación xa se comprometeron a doar aportación económica da sesión (un total de 1.300€) á agrupación de Protección Civil.

Comentarios