Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Muxía botouse a durmir en clave de conto

Muxía botouse a durmir en clave de conto
Os ganadores do Durmo se me contas un conto en Muxia

Este ano, como o pasado, traeremos conto a conto os gañadores dos premios do III Concurso “Durmo… se me contas un conto”, que pertence ao Programa de Dinamización lingüística do Concello de Muxía, subvencionado pola Xunta de Galicia.

Un fermoso programa que fai que os rapaces muxiáns se empreguen a fondo na escritura, facendo da creatividade unha boa arma para o presente e o futuro. Todo, ademais fomentando o uso, e dignificación da lingua galega, ademais de axudar a que nenos e familias compartan actividades.

Os contos premiados son os seguintes:

  • 1º premio (ordenador e libro): CLAVE DE SOL PARA R. PÉREZ, polos seus debuxos moi bos que acompañan a un texto moi artístico e expresivo. Autores: Diego Partida Prieto (7 anos) e Raquel Prieto Tomé (mamá).
  • 2º premio (lotes de libros), triple empate entre:
    - BIEITO E OS SEUS CAPRICHOS, polos seus debuxos moi bos e un texto moi ben argallado e con finalidade didáctica. Autores: Irea Vilela Gerpe (6 anos), Rosalía Vilela Gerpe (8 anos) e Mª Luisa Gerpe García (nai).
    - RAPOSO ESTÁ CHORANDO, por un texto que parte dunha cantiga popular da Costa da Morte, con personaxes e lugares reais do noso entorno e debuxos moi expresivos. Autores: Damián Sánchez Pose (4 anos), Beatriz Sánchez Pose e César Bugallo Carrera (pais).
    - MUNDO DE ANXO, por un relato moi ben armado, moi orixinal e que toca un tema de actualidade. Autores: Camilo Pablo Rodríguez Espasandín (8 anos) e Mª Carmen Espasandín Domínguez (nai).
  • Accésits:
    - Como me chamo? Autores: Mara Cabrejo Rey (3 anos) e Daniel Cabrejo Barrientos e Mara Rey Benlloch (pais).
    - Chocolate e felicidade. Autores: Gabriel Cernadas Martínez (8 anos), Diego Cernadas Martínez (3 anos) e Ana Martínez Pérez (nai).
    - Samaín en familia. Autores: Martín Liñeiro Iglesias (8 anos) e Mª del Carmen Iglesias Lema (nai).
    - As dúas irmás das illas lonxanas. Autores: Aroa Haz Pazos (9 anos) e Barca Pazos Domínguez (nai).

A partir de mañá iremos repasando os contos.

Os contos muxiáns para durmir 2013

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios