Martes. 30.04.2024
El tiempo

Muxía durme se lle contas un conto

Muxía durme se lle contas un conto

Fermosa a iniciativa que artella o Concello de Muxía, no marco do Programa de dinamización lingüïstica “Muxía, vivindo en galego”. Desta volta, e tras promover o galego polos establecementos do Camiño a través de salvamanteis, o Concello artellou o Concurso de contos “Durmo… se me contas un conto”.

Este mércores 11 de xullo, o Alcalde Félix Porto fixo entrega dos Premios do Concurso de contos, concurso que ten por obxecto estimular ás familias no uso xeneralizado do galego promovéndoo como lingua primeira nos máis pequenos e como lingua de comunicación entre nais/pais e fillos/fillas. Un concurso que ademais quere promover o interese pola literatura en galego.

O Xurado, presidido polo Alcalde Félix Porto e composto pola concelleira de Cultura, Amparo Baña, a técnico de cultura Viki Rivadulla e os escritores Miro Villar e X. H. Rivadulla Corcón, tivo que ampliar o número de premios pola calidade dos traballos, e decidiu outorgarlle o premios a:

  • 1º premio: "Benedita a xoubiña" de Silvia Toba Corral, de 5 anos (como premio leva un ordenador e un libro en galego).
  • 2º premio: "Un conto para Martín" de Juan Soto Domínguez, de 6 anos (como premio leva un lote de libros infantís en galego).
  • 3ª premio: "Xentes de aquí e de moi alá", de Rosalía Vilela Gerpe (como premio leva un xogo e libros en galego).

Ademais, os Accesits foton para:

  • "Os contos de Xana", de Javier Romar Caramés, de 6 anos (leva un libro en galego).
  • "Contos para soñar", de Victoria Romar Caramés, de 5 anos (leva un libro en galego).
  • "O neno que falaba coas árbores", de Lucas Verdía Couto, de 9 anos (leva un libro en galego).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios