xoves. 01.05.2025
El tiempo

Muxía e Carballo celebran por todo o alto o Día de Rosalía

Muxía e Carballo celebran por todo o alto o Día de Rosalía

Este luns, 24 de febreiro, Galicia conmemora o Día de Rosalía, lembrando o aniversario do seu nacemento en 1837. Varios Concellos apuraron as súas actividades para estes días, e entre eles destacamos as propostas de Carballo e Muxía.

Tarxetas por Rosalía en Muxía

Tarxeta polo Dia de Rosalia do Concello de Muxia

O Concello de Muxía conmemora o Día de Rosalía distribuindo unhas tarxetas nas que se lembra a relación de Rosalía con Muxía e o poema dedicado á Romaría da Barca. As tarxetas foron distribuidas pola vila e serán enviadas aos centros educativos do municipio.
Con esta sinxela iniciativa dende o Concello quere unirse á celebración do Día de Rosalía e, ao tempo, poñer en valor a relación da poeta coa nosa vila.

No anverso da tarxeta pode verse á esquerda a casa onde se aloxou Rosalía na súa estadía na vila muxiá.

Chapando a Rosalía

Chapando a Rosalia en Carballo

Tremendamente orixinal a proposta do Servizo de Normalización do Concello de Carballo. Dúas actividades nas que as chapas e os contos, ademais de Rosalía, foron os protagonistas.

O pasado venres tocaba obradoiro de Chapas. Tras unha lectura de poemas escollidos de Cantares Gallegos, as nenas e os nenos alixiron uns versos que, xunto cun debuxo da autora, levaron á súa chapa.

E non queda aí a cousa. O propio luns 24, tamén ás 17.30 h na Ludoteca, terá lugar unha narración oral participativa, A paisaxe de Rosalía, que inventa as aventuras e trasnadas da pequena Rosalía a partir dos seus poemas. As nenas e os nenos asistentes terán que implicarse na narración para ir resolvendo unha serie de probas (a través de rimas, adiviñas, debuxos…) para que a historia poida continuar. Ao mesmo tempo, irán facendo un mural sobre o camiño que Rosalía ten que seguir na súa aventura.

Pero, ademais disto, acábase de publicar na rede un pequeno vídeo co nome "Recitando a Rosalía desde Carballo #DíadeRosalía", no que unha ducia de persoas recitan un fragmento do poema "Prá á Habana", do libro Follas Novas, co obxectivo de difundir de maneira visual os versos da poeta nacional galega e de visibilizar a celebración do Día de Rosalía.

O vídeo pode verse en: http://www.youtube.com/watch?v=p4c6zGDi8ck

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios