Martes. 30.04.2024
El tiempo

Muxía e QPC bótanse a durmir cos contos normalizadores

Muxía e QPC bótanse a durmir cos contos normalizadores
O-alcalde-de-Muxia-felix-Porto-cos-e-ganadores-do-Concurso-Durmo-se-me-contas-un-conto os premios do II Concurso de contos “Durmo…se me contas un conto” convocado polo Concello de Muxía dentro do seu Programa de Dinamización Lingüïstica Muxía "Vivindo en galego (II)", programa subvencionado pola Xunta de Galicia.

E tal e como estamos a facer cos Relatos da Fundación Fernando Blanco de Lema, tamén procederemos á publicación dos 3 contos gañadores, gracias á colaboración do concello muxián.

O xurado, composto polo alcalde Félix Porto Serantes, a concelleira de cultura Amparo Baña Alvarez, a técnica e artista Viki Rivadulla Conde, o escritor X. H. Rivadulla Corcón, e o antropólogo e investigador Manuel Vilar Álvarez, tivo complicado escoller entre todas as obras presentadas por fill@s e nais, pero estes foron os gañadores:

  • 1º premio, ordenador portátil e libros en galego: “FUCO E A COVA MISTERIOSA” do neno Erik Castro Graíño e a súa nai María Manuela Graíño Lires.
Erik-Castro-e-a-nai-ganaron-o-1-premio-do-concurso-de-Contos-de-Muxia
  • 2º premio, libros en galego: “NA PROCURA DE PAPÁ” do neno Camilo Pablo Rodriguez Espasandín e a súa nai Mª Carmen Espasandín Dominguez.
O-alcalde-muxian-entregando-o-2-premio-a-Camilo-Pablo-Rodriguez
  • 3º premio, libros en galego: “O PEQUEÑO LINO SOÑADOR” da nena Laura Castro Tedin e a súa nai María Tedín Mouzo.
Laura-Castro-3-premio-do-concurso-de-contos-de-Muxia

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios