Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Muxía inaugura unha Mostra colectiva coas Miradas de 15 artistas muxiáns e bergantiñáns

Muxía inaugura unha Mostra colectiva coas Miradas de 15 artistas muxiáns e bergantiñáns
Muxía acolle a Mostra Miradas

Este venres, 7 de decembro, ás 20:30 horas inaugúrase, no Edificio de Servizos Múltiples da Camposa, a mostra colectiva Miradas, na que participan 15 artistas muxiáns e 9 bergantiñáns. Nela poderemos ver obras de Alexando, C. Trillo, Antonio Reino, Coque Toba, Detlef Kappeler, Antonio Tarracido, Santo Cereixo, Fátima Fortea, Javier Toba, Cristina Santiago, Lola Oviedo, Susana Llorente, Lorena Lappe, Emi de las Heras, Tachibana, Teresa Búa, Milagros Cotelo, Viki Rivadulla, Mon Lendoiro, Xabier de Lus, O'Mighelo, Xervasio Sar, Tres coma un, e Zizi.

O acto de inauguración, aberto ao público, intervirán o Alcalde de Muxía, Félix Porto e o crítico de arte muxián, Antón Castro . Poñerán música e poesía, respectivamente, Mon Búa e Rosalía Fernández Rial.

A mostra quedará exposta ata o día 6 de xaneiro de 2013. e o horario de visita da mesma será:

  • De luns a venres: de 17:00 a 19:00 horas.
    Sábados: de 17:00 a 20:00 horas.
    Domingos: de 11:00 a 13:00 horas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios