sábado. 15.02.2025
El tiempo

Muxía pon en marcha Lendo Lendas

Lendo Lendas-Programa Muxia
Muxía pon en marcha Lendo Lendas

O Concello de Muxía pon en marcha Lendo Lendas, un programa cultural que pretende dar a coñecer a revivida biblioteca pública Santiago Rey Fernández Latorre á vez que reflexionar sobre temáticas diversas relacionadas cos libros presentados.

A presentación dun libro con cadansúa temática central será o eixo vertebrador que comeza este 18 de xaneiro e estenderase cada sábado ata o 22 de febreiro. ‘Alicia no labirinto das sombras’, de Guadalupe Vázquez Formoso, será o primeiro título protagonista. A sesión comezará ás 12:00 horas e está recomendada para nenos e nenas de 10 anos cara diante. 

Tras esta primeira cita celebraranse outras cinco, en horario vespertino, destinadas a persoas de todas as idades e con títulos como ‘Avó, cóntame aquel de...’, ‘Cuniupuyara’, ‘A toponimia dos celtas brigantinos e doutros pobos da Gallecia’, ‘Fóra do campo’ e ‘Margot’.

Comentarios