mércores. 30.04.2025
El tiempo

Muxía ponse a conversar de saúde

muxia conversa con  Eva González Devesa
Eva González Devesa
Muxía ponse a conversar de saúde

O Concello de Muxía pon en marcha este mes de marzo “CONVERSAS CON…”, un proxecto con vontade de continuidade que ten como obxectivo converterse nun mecanismo participativo de diálogo e debate entre mulleres, organizacións, administración, entidades, etc, para crear un espazo de confianza e impulsar as políticas de igualdade.

Ter en conta a voz e a realidade cotiá das mulleres muxiás é importante para implementar políticas de xénero que fomenten o empoderamento, a sororidade e o apoio mutuo.

“Conversas con…” comenzou o 11 de marzo con “Dende a adolescencia ata a menopausia: unha viaxe pola saúde feminina”. A temática nesta ocasión versou sobre a saúde. Unha charla que contou coa participación de persoas expertas, Alba Rey Caínzos e Irene Varela Veiga, matronas dos centros de saúde de Cee e Muxía-Dumbría, respectivamente, e máis dunha veintena de mulleres que participaron activamente.

Este venres, tivo lugar a II Edición de “Conversas con…” na que participou Eva González Devesa, nutricionista de Cee co tema “Autocoidado. Coñece as túas necesidades nutricionais en cada etapa como muller.”

Comentarios