Martes. 16.04.2024
El tiempo

Muxía vive o Camiño en galego

Muxía vive o Camiño en galego

O Concello de Muxía puxo a andar o Programa de dinamización lingüïstica “Muxía ,vivindo en galego”. Unha Campaña enmarcada no proxecto "O Camiño en Galego", que pretende facer chegar aos milleiros de peregrinos que en Galicia convivimos en galego.

Ademais, o goberno municipal do Concello de Muxía ten entre un dos seus obxectivos primordiais a dinamización turística coma un dos máis importantes factores de desenvolvemento económico e cultural da zona.

Unha das propostas consiste na edición de manteis de hostelería nos que se da información mediante un mapa dos recursos turísticos do municipio: Camiño Xacobeo, ruta do románico, puntos de especial interese, etc…
Ademais os manteis inclúen unha serie de palabras en lingua galega para fomentar o coñecemento da nosa lingua entre quenes nos visitan.

O Concello comezou unha campaña de reparto destes manteis entre os establecementos do municipio que ofrecen comidas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios