Muxía voverá durmir se lle contamos un conto
O Concello de Muxía abre o prazo para a III edición do Concurso "Durmo...se me contas un conto”, que está incluído dentro do Programa de Dinamización Lingüística do Concello de Muxía, “Con x de Muxía”. Un programa do que xa coñecemos os fantásticos marcapáxinas literarios de autores muxiáns.
Esta actividade que xa se realizou nos anos 2012 e 2013, foi unha das máis bonitas do programa e tivo moito éxito. Trátase dun concurso, como na edición anterior, no que unha nai ou un pai ha de crear un conto – en galego- xunto ao seu fillo ou filla (para nenos e nenas menores de 9 anos), o texto ha de ser un conto que o pai /nai conta ao neno antes de durmir. Os debuxos que ilustren o conto han de ser do neno/nena. Haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio para os mellores textos coas súas ilustracións.
Con esta inciativa perseguen o obxectivo de promover o uso do galego como lingua primeira nos máis pequenos e como lingua de comunicación entre nais/pais e fillos/fillas. E, ademais, serve para promover o interese pola literatura en galego.
Novas relacionadas
- Uns marcapáxinas literarios Con X de Muxía.
- Muxía promove o turismo dende a mesa e en galego.
- Muxía vive o Camiño en galego.
- Muxía durme se lle contas un conto.
Fonte
- Concello de Muxía.