Muxía xa traballa contra a violencia de xénero

08:30 31/10/12

O Concello de Muxía presenta unha interesante xornada informativa contra a violencia de xénero. I é que nos achegamos ao 25N, día no que o mundo se para para protestar contra esta lacra social, e dende o concello muxián queren ir realizando actividades.
A Xornada de non violencia será o domingo 11 de novembro ás 18:00h no Salón de Actos do Concello, e tratará o papel da muller como motor da paz. Ademais proxectarase a película "Y ahora, ¿dónde vamos?".
Magosto
E xa no aspecto máis lúdico e gastronómico, o Concello organiza tamén un magosto popoular para o sábado 10 de novembro as 17:00h no Poliderpotivo, con xogos e castañas.
Novas relacionadas
- Anisia Miranda protagoniza o outubro da Galería Mulleres de Muxía.
- As curtas da mocidade da Costa da Morte contra a violencia de xénero.
- 25N-2011: 25N: A Costa abre os ollos para loitar contra o silencio.
- A voz da Muller de Camariñas.