Martes. 19.03.2024
El tiempo

Anisia Miranda protagoniza o outubro da Galería Mulleres de Muxía

Anisia Miranda protagoniza o outubro da Galería Mulleres de Muxía
Anisia Miranda protagoniza o mes de outubro da Galería Mulleres

Continúa a Galería Mulleres de Muxía a súa laboura de repaso da historia, nome a nome, en clave femenina. E este mes de outubro de 2012 a protagonista é a cubana Anisia Miranda (Cuba 1932 - Gres 2009).

De pais ourensáns, emigrantes en Cuba, naceu Anisia. Despuntou xa canda nena no mundo das letras .En 1953 marcha a familia para Arxentina, onde contacta co movemento cultural galeguista. En 1954 coñece a quen logo será o seu home, Xosé Neira Vilas. Anisia fai un labor inmenso como promotora da cultura galega sendo moi activa na reivindicación e difusión da pintura, literatura e cultura galegas. En 1961, logo de triunfar a Revolución Cubana, volve á illa e alí dedícase de cheo á súa profesión xornalística e á literatura. Traballa no Consejo Nacional de Cultura e logo será a coordinadora nacional de edicións para nenos e mozos. Da súa incesante e exitosa labor literaria dan conta todas as súas publicacións amplamente reeditadas.

Anisia e Xosé deciden voltar á terra en 1991, concretamente á aldea de Gres (aldea natal de Neira Vilas).Crean a Fundación Neira Vilas da que Anisia é vicepresidenta. Dentro da Fundación fará un importantísimo traballo de organización e participación en actividades culturais, e organizando a biblioteca. Todo o seu labor literario e de dinamización cultural foi merecedor de recoñecemento que se plamou en diversos premios.

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar os libros:

  • "OS CONTOS DO COMPAY GRILO". Edic. Do Castro.
  • "A VOLTA DO COMPAY GRILO".Edic. Do Castro.
  • "A PRIMEIRA AVENTUR"A. Edic. Do Castro.
  • "A CAMA, A BOLBORETA E O PAXARIÑO". Edic. Do Castro..
  • "A CASA DOS TÍTERES". Edic. Do Castro.
  • "MIRANDA, ANISIA E NEIRA VILAS, XOSÉ. CANTAROLAS". Xerais.

Máis información

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios