O Concello de Muxía contribúe ao fomento do emprego formando
A Deputación da Coruña vai desenvolver en colaboración co Concello de Muxía accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Laxe, Zas, Vimianzo e Muxía.
A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.
O Concello de Muxía achega as súas instalacións municipais para a impartición de accións formativas de:
- Prevención de Riscos Laborais.
- Montaxe e Mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión.
- Operacións Auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios.
- Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas.
- Montaxe e mantemento de redes eléctricas de alta tensión 2ª e 3ª categoría e centros de transformación.
As persoas participantes formarán parte dos itinerarios formativos e de inserción laboral previstos no proxecto, a través dos cales poderán recibir a formación adecuada ás súas necesidades formativas e a orientación e titorización individualizda e de xeito permanente ao longo de todo o itinerario.
O obxectivo final consiste nunha maior profesionalización das persoas desempregadas e a súa inserción no mercado laboral en termos de calidade e responsabilidade social, en virtude do Pacto Provincial polo Emprego Responsable na provincia da Coruña, asinado polos 91 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que participan no proxecto RedeXiana2.
Máis información e inscrición
O prazo de inscrición será do15 de abril de 2013 ata o 03 de maio de 2013.
As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse ao Centro de Información á Muller do Concello de Muxía, Rúa Real 35-3º CP 15124 Muxía. Teléfono 981 742001