Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Goberno paraliza o Parador de Muxía

O Goberno paraliza o Parador de Muxía
Aló por setembro do 2011 colocábase a primeira pedra, asegurando que a finais do 2014 estaría operativo. Pero parece que o Parador de Muxía non vai ser posible, alo menos por agora.

Ou así o aseguraba o Ministro de Industria, Energía y Turismo, José Manuel Soria, esta mañá de martes 13 de marzo. Soria afirmaba que non se van a acometer novas construcións de Paradores, entre eles o previsto en Muxía.
Evidentemente, as causas son puramente económicas unha vez que o déficit de tesourería que ten a sociedade Paradores do Estado rolda os 100 millóns de euros.

Marisol Soneira: "Isto é un atropelo á Costa da Morte"

Se ben esta mañá de mércores 14 de marzo o PSdG fará unha rolda de prensa en Muxía, falamos con Marisol Soneira para ver a postura do seu partido. A membro do Comité Executivo Federal do PSOE considera a decisión do PP "unha atropelía, unha bofetada para a Costa da Morte. Esto xa está adxudicado, o que implica que había recursos, hai subcontratacións realizadas e comprometidas, está moi avanzado todo o proceso administrativo, os terreos comprados polo Concello muxián, as obras en marcha... Non se pode comparar con outros proxectos porque este xa está a medias, e ademais é un compromiso do propio PP" para coa Costa da Morte dos tempos do Prestige.

Soneira continúa e sinala que "isto vai máis alá dos partidos, é un salto de calidade para o sector turístico da Costa da Morte que non se pode quedar en promesa. É unha necesidade". E nese sentido pregúntalle aos responsables políticos do PP da Costa da Morte: "Onde están os políticos do PP da bisbarra para influír para presionar ao goberno? Ou é que priman os intereses do partido aos da comarca?".

Deste xeito, afirman que van levar iniciativas dende cada concello ata o propio Parlamento Español a través de Fran Caamaño. Iso si, deixa caer un "menos mal que deixamos adxudicado o porto de brens ou a base de Salvamento de Lires, porque se non"...

Feijoo: "Non se pode paralizar o que empezou"

Tivo tempo onte Feijoo para desmentir as palabras do Ministro. Feijoo garantizou que "se fará", despois de replicar que "non estaba adxudicado, estaba encargado a unha empresa pública, Tragsa, cun incremento do 20% do custe", tra unha asignación "sen licitación, sen concorrencia nin publicidade", denunciou Feijoo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios