O Modesto Patrimonio: A esquecida Capela de San Miguel de Coucieiro
08:40 02/06/18
Capela abandonada de San Miguel de Coucieiro-Foto-Modesto
Adro de Coucieiro-Foto-Modesto
Falar desta capela na actualidade pode causar sorpresa ós veciños da nosa comarca. Estaba situada no alto dun outeiro, con forma de castro, no monte coñecido como de San Miguel, a uns 400 m. ó saínte da igrexa de Coucieiro.
Era de mampostería co fronte de cantería, duns 15 m. de largo por 7 m. de ancho, orientada co altar ó saínte e a porta de entrada ó poñente e todo o seu entorno estaba rodeado por un muro de pedra co portal de entrada cara ó sur. Segundo o catastro ten unha superficie de 658 m2 e identifícase no polig. 42 da parcela 113.
Tiña un carreiro de subida en pendente duns 200m. que saía da estrada de Trasufe, próximo á igrexa.
Co paso do tempo foi perdendo devotos e a partir da década de 1960 quedou esquecida.
Na actualidade só se conservan os muros, en mal estado.
Contan os libros que este santo era considerado como o patrón e protector da Igrexa Universal. A súa festa celébrase o 29 de Setembro. O cura da parroquia, D. Manuel Canosa Mouzo, gran historiador da comarca, e coñecedor da orixe desta capela, tivo a ocorrencia de desmontar o altar e traelo para o campo e colocalo no lateral sur da igrexa parroquial. Algún desalmado, aproveitou a ocasión para arrancar algunhas canterías da fachada principal para usos privados. Tampouco sabemos a onde foi a parar o santo de pedra situado na furna sobre o dintel da porta de entrada.
Unha mágoa que o noso patrimonio esté desaparecendo.
O Modesto Patrimonio
- O topónimo: O Pindo ou Monte Pindo?.
- Explorando a toponimia dos camiños do Monte do Pindo.
- Os lavadoiros de Dumbría.
- O Cruceiro de Calo.
- O bichoco da pataca.
- O Modesto Patrimonio: As Xunqueiras de Cee na ría de Corcubión.
- O sarcófago da Igrexa parroquial de Buxantes.
- A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- A Furna do Río da Barco.
- Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).