O pobo de Muxía vestiuse de mar
Cada ano medra. O Mercado das Rutas do Mar de Muxía é desas festas temáticas que se afianzan no panorama festexeiro da Costa da Morte. E non é fácil, coa cantidade delas que están a nacer. Pero o orgullo mariñeiro da vila da Barca nótase, e durante esta 7ª edición saíu á rúa para combater o mal tempo. Demostraron así os muxiáns que as festas deste tipo só sobreviven cando o pobo está volcado, e o pobo muxián, a festexeiro e mariñeiro non hai que os gañe.
Non importou, as xentes (moitísima xente achegouse de todas partes da provincia) disfrutaron coa marea de actividades, coa rica gastronomía, coa variada artesanía e cos diferentes espectáculos de teatro de rúa, música, pasarrúas… cos deleitaron grupos como Peta Forte, Pedras Miúdas, os Xaramiños do Corpiño ou os Fol de Veneno en clave musical; e os teatreiros de Marina e Igor, Os Quinquilláns e o grupo Cremallera.
Foi unha muller do mar de Muxía a encargada de ler o pregón. Julia Haz Barrientos, presidenta da Agrupación de Mariscadoras Río Anllóns, encargouse de inaugurar as festas lembrando as raíces mariñeiras da nosa Muxía e da nosa Costa da Morte. Pero o foco do seu discurso ía en clave feminina, resaltando a importancia do papel da muller en todas as comunidades pesqueiras.
A festa culminaba cunha degustación de bonito e peixe espada.
E menuda sorte os que puideron ver ao gran Pazos de Merexo tocando polo medio da vila:
Novas relacionadas
- Mercado Rutas do Mar 2010: Un Mercado Mariñeiro feito na casa.
- Mercado Rutas do Mar 2008: O pobo foi a alma do Mercado das Rutas do Mar de Muxía.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).