O pobo de Muxía xa se viste de mar
Xa é unha das citas de referencia do pobo de Muxía. Tralas Festas da Barca, probablemente as festas máis grandes da Costa da Morte, o Mercado das Rutas do Mar de Muxía, con tan só 6 anos de existencia, xa é a festa na que o pobo se involucra con máis atención. Algo que fai que a festa colla un efecto especial, que cada visitante a disfrute como auténtica.
A vila enteira xa ten as redes, as nasas, os aparellos... e o tremendo de barco que vixia a vila. Todo para trasladarnos a un mercado mariñeiro de dous séculos atrás.
Esta é unha mostra do que aconteceu no 2010.
Programa
Serán dous días completos de troula. Ademais de disfrutar da vila engalada con redes, nasas, aparellos... as actividades comezarán ás 12:00h e non pararán ata entrada a noite. Haberá pasarrúas gaiteiros ao longo do día, haberá un interesante obradoiros de destilación, haberá teatro de rúa e malabares con Xarop de Canya; Tonitón traerá a nota circense e o Fauno, xa un clásico desta clase de festas históricas como o Mercado Medieval de Corcubión, meterá medo a todo o que pasee por alí...
Unha das citas máis singulares será a Noite do Prácido Luar, que a Fundación Eduardo Pondal e a Asoc. Monte Branco trasladan a vila de López Abente. Será o sábado ás 20:00h.
O cumio será o domingo, antes do peche, cando todos os persoeiros que levarán Muxía atrás no tempo fagan unha acción final conxunta no barco instalado no medio da vila. Será arredor das 22:00h, antes da degustación de peixe.
Máis información
Novas relacionadas
- Muxía celebra as raíces mariñeiras co Mercado das Rutas do Mar.
- Muxía percorre a Ruta Abentina.
- Muxía non deixa un día libre no seu completo programa de verán.
- O Mercado Medieval de Corcubión non perde tirón.
- Mercado Rutas do Mar 2010: Un Mercado Mariñeiro feito na casa.
- Mercado Rutas do Mar 2008: O pobo foi a alma do Mercado das Rutas do Mar de Muxía.
- Unha visión mariñeira dende o corazón de Muros.