luns. 12.05.2025
El tiempo

O prohibido proxecto da Piscifactoría de Touriñán: 1 millón de euros de cartos públicos ao mar

O prohibido proxecto da Piscifactoría de Touriñán: 1 millón de euros de cartos públicos ao mar
Proxecto da Piscifactoria no Cabo Tourinan-Fonte.ADEGA O prohibido proxecto da Piscifactoría de Touriñán: 1 millón de euros de cartos públicos ao mar

Trae, de novo, a Asociación Ecoloxista ADEGA, a eterna piscifactoría de Touriñán a colación. E non é de extrañar, despois da nova amenaza sobre o Cabo Vilán. Pero neste caso faino para recordar o custe que lle supuxo ás arcas públicas, o permiso, ilegal como refrendou o TSXG, que os gobernos do PP lle concederon provisionalmente ás piscifatorías de Touriñán e de Rinlo (Ribadeo). Un custe que segundo adega é de case 2 millóns de euros.

I e que na súa recente sentenza sobre Touriñán, o Supremo calca os argumentos do TSXG, sinalando que permiso dado pola administración Fraga en 2005, na que Feijóo era vicepresidente, foi nulo de pleno dereito dada a afección ambiental “inaceptable”.

O resultado é que a “ilegal actuación da Xunta do PP custou ao erario público 1.090.000 no de Touriñán (Pescanova pedía 9 millóns), polas indemnizacións que os tribunais condenaron a pagar á administración en conceito de compensación ás empresas polos investimentos e gastos feitos”.

”Crónica dunha desmontaxe lexislativa planificada”

Explica ADEGA como foron os pasos para frear aquel tan polémico proxecto que, cómpre lembrar, contaba co apoio da veciñanza local.

Pero sobre o que primeiro que hai que reflexionar é sobre “as facilidades lexislativas que dende un principio os governos do PP deron á acuicultura industrial, que non teñen precedentes en ningún país europeo. Para facilitar as instalacións das macropiscifatorías en solo rústico de especial protección, mesmo sobre espazos protexidos, modificouse ad hoc a Lei do Solo 9/2002”.

Falamos do Plan Acuícola contra o que se revelou todo o litoral galego, no que foi culpable tamén o goberno Bipartito con Carmen Gallego á cabeza. Unha loita que lembramos moi ben pois supuxo a primeira batalla social que QPC cubríu de primeira man.

Así e todo, o problema é que este “agravio comparativo para outros sectores produtivos, persiste no novo borrador que o PP vén de apresentar no Parlamento”.

Apuntan tamén que “en 2010 eliminouse a necesidade de adatarse ao Plano do Litoral (POL) dos planos sectoriais xa en marcha (caso do acuícola ou o eólico) e en 2011 eliminouse a tramitación ambiental dos proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal que afectaran a un só concello, antes obrigatoria, para facela discrecional: é o caso da planta de Touriñán ou do convenio urbanístico de Barreiros (anulado despois polo TSXG a demuncia de ADEGA)”.

Tamén en 2011 a Xunta declarou a acuicultura como "utilidade pública de primeira orde" para permitir ás empresas do rodaballo ocupar espazos da Rede Natura con hábitats prioritarios.

E finalmente, o Plano Director da RN2000 aprobado o pasado 2014 consolida unha Rede Natura a medida dos interses acuícolas, eólicos, mineiros, etc. con inxustificadas ausenzas e "ocos" á medida (como o da Laxe Brava para a piscifatoría de Corrubedo ou o do Foxo Longo, en Ribadeo-As Catedrais).

Fala Adega tamén do “amiguismo” das altas esferas de poder, e de como as empresas cercanas aos gobernos, como a finada Pescanova, sempre eran as beneficiadas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios