Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A oposición muxiá decide as obras a facer con medio millón de euros de remanente

Pleno Muxia decembro 23
Imaxe de arquivo do pleno de decembro
A oposición muxiá decide as obras a facer con medio millón de euros de remanente

Máis de 3 horas de pleno esta pasada noite de xoves 21 de marzo en Muxía. De novo, un pleno bronco, tenso, con faltadas persoais, unha separación total entre grupo de goberno e oposición, e mesmo o público, infestado pola mala praxe política dos seus representantes, interferindo no desenvolvendo.

Un dos puntos máis singulares do pleno foi a presentación do goberno socialista dunha proposición modificación de crédito de 1,151.000€ do remanente. Os grupos da oposición pediron informes xa na Comisión de Contas das partidas, e criticaron que houbo partidas que o rexedor, Iago Toba, non foi quen de explicar, como os 200.000€ para limpeza baseados nos gastos que dedicaba outro concello limítrofe, e para a que “non hai ningún plan elaborado aínda”, ou a partida de 290.000 € para o capítulo de persoal

Ante esta incerteza, os grupos da oposición, PP, IxM e BNG decidiron entón presentar unha emenda a este punto. Acordaron recoller nela os gastos dunha serie de actuacións:

  • Melloras de camiños da parcelaria de Ozón, Senande e Leis e das vías dos núcleos de Guisamonde, Morquintián e Xurarantes (fonte do Bico);
  • 27.095,56 € para adquisición de maquinaria;
  • O solicitado para cultura (15.000 €);
  • As correspondentes a obradoiros de emprego (18.000 e 27.500 €);
  • Unha partida para contratación de persoal polos plans PEL ou APROL (12.500 €).
  • A necesaria para que se proceda dunha vez a licitar o SAF (280.000 €).
  • 70.000 € para a reconstrución da demandada Ponte de Vilachán.

A enmenda aprobouse así cos votos de IxM, PP e BNG que o goberno poida quitar do remanente unha cantidade de 549.510,81 €uros para afrontar estas obras e servizos.

Ademais, os tres grupos instaron de novo a Iago Toba a que elabore dunha vez os orzamentos de 2024 ao que o alcalde non dou data, “faranse cando o grupo de goberno teña a ben cadrar os orzamentos”. Tamén lembran que "é o seu deber preparar a tempo a documentación que xustifique dispor do remanente e manter reunións cos grupos para non presentar propostas unilaterais".

Comentarios