Os ADL da Costa da Morte utilizan a bisbarra como proxecto piloto para exportar a toda Galicia

08:35 12/01/12

Os axentes de emprego e desenvolvemento local da Costa da Morte Afiprodel, unha asociación de profesionais que agora ten ámbito galego, vai ter a oportunidade esta semana de presentarlle á Xunta unha proposta para desenvolver no 2012 na Costa da Morte, como proxecto piloto.
Así, este venres, na Casa da Trillo, estará o Director Xeral de Emprego para escoitar o proxecto, que tería como liñas prioritarias:
- Coordinar ás administracións públicas que traballan nun territorio (oficinas de emprego, extensión agraria, concellos,....)
- Visibilizar o traballo das Axencias de Desenvolvemento Local.
- Crear territorios proclives ao florecemento de actividade económica.
Precisamente este último punto é o que pretenden debater na fin de semana. E para iso van xuntar a un grupo de expertos e a profesionais de desenvolvemento local.
O programa sería o seguinte:
- Venres, 13/01/2012: Recepción de participantes, Cea e Tertulia nocturna.
- Sábado, 14/01/2012:
- 9:00 Almorzo en Casa de Trillo;
- 10:00 Sesión de traballo coa Presentación de Afiprodel, a Presentación do proxecto “Foros de Desenvolvemento Local”, Intervencións dos expertos invitados (Universidade de Santiago, Universidade da Coruña, técnicos varios) e Debate e posta en común.
- 14:00 Xantar;
- 16:30 Elaboración dun documento que conteña un Resumo das intervencións da mañá, as vías de cooperación coas persoas presentes e as propostas para liñas de traballo do colectivo de AEDL.
Novas relacionadas
- A AFIPRODEL cómese o país.
- 5 concellos perderán o Servizo de Orientación Laboral se non unen as súas forzas.
- O Consorcio de Turismo, a crise, a Lonxa Comarcal e os ADL centraron o II Foro Costa da Morte.
- Aulas Costa da Morte: Da universidade á periferia.
Fonte
- Nota de prensa de Afiprodel.