Os percebeiros de Muxía tiveron que acodir ao Xulgado por unha denuncia dos bateeiros da Arousa

Días movidos para os percebeiros de Muxía. Este luns cazaban in fraganti un furtivo nas súas rochas; e onte, mércores, tiñan que achegarse ao Xulgado de Corcubión para acodir a unha citación.
Trátase dunha denuncia presentada polos bateeiros da zona de Arousa, paradoxicamente presentada despois daquel exercicio de invasión e humillación ao pobop muxián, cando máis dun centenar de persoas se presentaban en Muxía para extraer a mexilla local.
Os bateeiros denunciaran agresións de varios percebeiros muxiáns, e 7 tiveron que presentarse no Xulgado. Os que non se presentaban onte foron os denunciantes, polo que semella que o caso non irá a máis.
Volve o problema
Pero o asunto da mexilla, lonxe de terse solventado, está a piques de volver a actualidade. As confrarías xa amosaron o seu malestar á Conselleira por situarse do lado dos bateeiros, despois de considerar ridícula a proposta da Xunta de excluír da extracción da mexilla só 50 dos 1.7000 km da costa atlántican galega.
Chegará en breve comezos de ano a campaña da mexilla e os bateeiros seguirán con practicamente total liberdade para extraer mexilla, onde queiran e canta queiran.
NOVAS SOBRE PERCEBEIROS
- 13-10-2020: Os percebeiros de Muxía cazan un furtivo en plena faena .
- Os percebeiros de Muxía escoltan a súa costa contra a ameaza dos furtivos.
- Gracias percebeir@s!.
- 30-05-2020: As confrarías trasladáronlle o seu malestar á Conselleira por situarse do lado dos bateeiros.
- 26-05-2020: As confrarías consideran ridícula a proposta da Xunta de excluír da extracción da mexilla só 50 dos 1.7000 km da costa atlántican galega.
- 21-05-2020: “O pobo sentíu unha humillación pola invasión dos bateeiros, como cando os falaxinstas chegaban a desvalizar as casas”.