O Parador como distintivo comarcal
07:38 24/10/22
Recibiu esta fin de semana o Parador de Lourido unha completa visita institucional. A Ministra de Turismo, Comercio e Industria do Goberno de España, Reyes Maroto acodía á inauguración oficial do Parador da Costa da Morte. 3 anos despois da súa posta en marcha, en marzo de 2019, e despois de 17 anos de promesas, 5 de retrasos, e 8 de obras, o Parador foi inaugurado oficialmente.
Acodiron os alcaldes e alcaldesas da comarca, a Directora Xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro e o presidente da Deputación Valentín González Formoso. Un Formoso que valorou o “unida” que está a comarca e agradeceu o compromiso do goberno central con esta “recompensación”.