O Parador de Muxía, escollido como o mellor hotel en contorna natural de España polos lectores de Viaxes National Geographic
15:31 24/03/23
A sección de viaxes da coñecida revista National Geographic vén de anunciar que o Parador de Lourido, en Muxía, foi escollido polos seus lectores como o Mellor Hotel en espazo naturais de España.
O parador, que reabrirá as súas portas o próximo 31 de marzo tras o peche por tempada, foi valorado pola súa "mellora continua, a innovación e a excelencia nos seus servizos para crear experiencias únicas".
"Todo o equipo que traballamos en Costa da Morte asumimos este galardón con responsabilidade, satisfacción e orgullo do enclave de onde nos situamos", sinalou o director, Xullo Castro.