Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Parador reabre as portas tras 3 meses de peche invernal

Reapertura do Parador da Costa da Morte
O Parador reabre as portas tras 3 meses de peche invernal

Nin o Parador é quen de abrir 12 meses ao ano na Costa da Morte. Unha demostración da necesaria desestacionalización para desprecarizar o sector turístico da Costa da Morte.

Esta mañá de venres 1 de abril, tras meses de persianas baixadas, retoma a actividade o Parador de Lourido. Faino con boas previsións, con reservas que rondan o 90% para Semana Santa e cifras semellantes cara este verán.

Durante a apertura, o segundo centro mellor valorado das 97 instalacións hoteleiras da rede de Paradores de España, recibía a visita do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones e a subdelegada María Rivas. Miñones destacou o centro como “referente do turismo verde e sustentable” e recordou os 25 millóns que puxo o goberno central para poñer en marcha este “polo de atracción económica e de creación de emprego local”.

Novas relacionadas

Comentarios