Mércores. 16.10.2024
El tiempo

O PP de Muxía denuncia “o abandono dos edificios municipais”

Estado do pavillon de Muxia
Estado do exterior do pavillón muxián
O PP de Muxía denuncia “o abandono dos edificios municipais”

“Edificios como o de servizos múltiples, o pavillón municipal, a oficina de peregrinos ou o local social dos xubilados sofren goteiras e entradas de auga o que fai, incluso, nalgúns casos, a imposibilidade do seu uso”. Así denuncia a voceira do PP de Muxía o “abandono e a deixadez do goberno local” aos edificios municipais.

Sandra Vilela fai referencia a casos concretos como a anulación de algún evento deportivo e cultural nestes edificios debido a presenza da auga que facía inviable que se levasen a cabo. “Unha vez máis estamos a falar dunha deixadez por parte do goberno local xa que son plenamente conscientes da situación destes edificios ós cales non se lle fixo ningún tipo de mantemento en 3 anos” continúa a portavoz que reitera “nin sequera se fai a limpeza de teitos e canalóns o que fai que a situación sexa peor do que sería se alomenos se fixera una mínima actuación. Calquera pode ver as plantas no teito do edificio de servizos múltiples ou do pavillón municipal, unha situación que xa denunciamos en outras ocasión pero que non foi escoitada por parte do goberno”.

Os populares recordan que ó respecto desta situación “o goberno local fixo distintas promesas ó longo da lexislatura”, como “un ambicioso proxecto para o polideportivo municipal que só foi realidade na prensa e que nunca vén a pleno, ou das reiteradas promesas á asociación de pensionistas sobre a reparación do seu local ós que se lle iba dando unha data detrás da outra como data de inicio da obra” remata a portavoz.

Comentarios