Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PP muxián esixe a negociación do POS

Pleno de Muxia
Imaxe dun pleno muxián
O PP muxián esixe a negociación do POS

Continúa a convulsa vida municipal no Concello de Muxía axitando a normalidade. Desta volta volve a voceira do grupo do Partido Popular, Sandra Vilela, a instar ao alcalde a que cumpra a súa palabra e negocio o POS. Vilela lembra que “a aprobación do POS do ano pasado supeditábase a que se negociasen os sucesivos POS”. Ademáis “o alcalde dixo fai unhas semanas que así o faría e que convocaría unha comisión para tal finalidade pero a día de hoxe non recibimos ninguna convocatoria nin oficial nin extraoficial para tratar este tema”.

“A segunda fase do saneamento de Frixe, a depuradora de Quintáns, os camiños interiores de Sorna e a carretera que vai dende Armear a Labexo foron as propostas da oposición e non é discutible que son obras necesarias calquera delas” comenta a portavoz do PP. “Aínda incluindo estas obras, quedaría unha parte importante do POS para que o grupo de goberno dispoña del como considere” polo que cren que a proposta é “mais que razonable, mais tendo en conta, que algunhas desas obras xa estaban consesuadas co goberno”.

Dende o PP síntense esperanzados en que o goberno dialogará xa que “non creo que o alcalde queira ser o culpable de facerlle perder a Muxía máis de 600.000€”.

Comentarios