Martes. 23.04.2024
El tiempo

Preguntan sobre a calidade das obras da estrada a Touriñán

Fochancas na estrada a tourinan
Primeiras fochancas aparecidas na estrada a Touriñán
Preguntan sobre a calidade das obras da estrada a Touriñán

Tras anos de demandas veciñais, o pasado mes de novembro comezaban as obras de acondicionamento da estrada a Touriñán. Máis de 600.000€ de investimentos para a mellora dunha estrada fundamental para a veciñanza, e de interese primordial para o turismo costeiro.

Apenas dous meses de obra, a veciñanza comprobou como, tras uns días de chuvias, a empresa adxudicataria recolleu toda a maquinaria.

Ante esta situación, dende o BNG de Cee e Muxía veñen de presentar sendos escritos nos concellos para recibir información.

En todo caso, os dous grupos denuncian que “a calidade do asfaltado deixa moito que desexar, estando a aparecer numerosos baches”.

Lembran ademais que rematada a obra a estrada pasará a ser propiedade de Cee e Muxía, coa conseguinte carga económica de mellora e mantemento.”Por iso consideramos que a obra debe asegurar, cando menos, dúas décadas de nula inversión nela”.

Novas relacionadas

Comentarios