Venres. 27.11.2020
El tiempo

O vindeiro luns comezan, tras 3 anos de demandas, as obras da estrada de Touriñán

Reunión en Muxía
Reunión en Muxía
O vindeiro luns comezan, tras 3 anos de demandas, as obras da estrada de Touriñán

A da estrada de Touriñán é unha desas obras que demostra a falta de axilidade das administracións. Fai máis de 3 anos que a veciñanza da zona saía á rúa para demandar a mellora dunha estrada que dá servizo a dous concellos, e que ademais serve de acceso a un punto tan simbólico como o Cabo Touriñán.

Tras numerosas peticións enviadas nos últimos anos polo BNG e PP locais, e tras numerosos retrasos, despois de ser anunciada en xuño, por fin parace que van comezar. Onte tiña unha reunión da Autoridade Portuaria co alcalde de Muxía e a rexedora de Cee para coordinar o inicio das obras.

Os traballos, que comezarán o vindeiro luns, irán en sentido Touriñán-Cee, nunha vía cunha lonxitude de 11 quilómetros e 480 metros, cun ancho variable entre 4,25 metros e 9,00 metros aproximadamente. En total, o proxecto suporá un total de 636.014,55 euros.

Novas relacionadas

comentarios