mércores. 04.12.2024
El tiempo

"Que a Barca nos leve a alma, pero non o sentido común"

"Que a Barca nos leve a alma, pero non o sentido común"
Imaxe do Santuario da Virxe da Barca desfeito-Foto-Albergue Bela Muxia

Facemos uso dun artigo co mesmo título da moza muxiá Viki Barrientos dende o seu blog, que precisamente visitabamos esta fin de semana na Bitácora da semana. I é que tralas reflexións, en clave patrimonial, de Manuel Vilar: e de Xosé María Lema Suárez, hoxe toca cambiar a ollada e analizar a resposta das administracións.

Rápido foi, desta volta, o presidente Núñez Feijoo. Unha premura que non se viu noutros casos como o incendio do Monte Pindo, e de aí que caeran tamén algunhas críticas estes días dende a Asociación MPPN ou dende Fisterra, onde levan esixindo melloras dende hai tempo.

Feijoo saltaba de contado para asegurar que a a Xunta se faría cargo dos case un millón de euros que custa a rehabilitación do santuario. Se ben o seguro cubrirá medio millón, moitos xa se preguntan por que van ser cartos públicos os que axuden a restaurar un edificio da Igrexa.

Deixamos pois a pregunta aberta que se fai Viki Barrientos (non deixedes de ler o seu artigo) e abrimos aquí os comentarios para pulsar a opinión da voz da veciñanza da Costa da Morte.

Máis información

Novas relacionadas

Novas do incendio do Santuario da Barca

Comentarios