Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Recta final da nova edición do pioneiro proxecto do Mar na Escola

CEIP Os Muinos XOgando co Vento en Muxia
Rapazada do CEIP Os Muíños no mar de Muxía
Recta final da nova edición do pioneiro proxecto do Mar na Escola

Xa está na recta final o programa “O Mar na Escola 2022, Xogando co Vento”, un proxecto único en Galicia. Máis de 300 rapaces e rapazas (cifras que case chegan aos tempos de prepandemia) de 13 centros de ensino de 6 concellos costeiros puideron aprender, nas aulas, a importancia do mar nas nosas vidas. Aí radica a meirande importancia deste programa, que consegue que os libros de texto falen tamén das cousas do noso arredor. E nada máis noso, e normalmente máis alleo aos plans de estudo programados dende o centro da península, que o mar.

Dende marzo a rapazada leva aprendendo, primeiro coas sesións teóricas nas aulas, e despois coas prácticas no porto de Corcubión e no porto deportivo de Muxía. Durante os meses de abril e maio realizaron numerosas saídas por ambas rías, e o profesorado nota a ilusión que lle mete cada rapaz, desexoso de que chegue o día de ir cos monitor@s da Escola de Vela Cataventos a surcar o noso mar. Un sinfín de vivenzas e aventuras teñen pasado durante estes meses.

CEIP Os Muinos XOgando co Vento en Muxia 2
Os centros muxiáns son os últimos que desenvolven as actividades prácticas

Son 6 os concellos participantes (Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, Muxía e Carnota) a través de 13 Centros escolares : CPR Manuela Rial, CEIP Eugenio López, CEIP Santa Eulalia, CEIP Mar de Fora, CEIP Areouta, CPR Nuestra Señora del Carmen, CEIP Praia de Quenxe, CEIP Virxe da Barca, CEIP Os Muiños, IES Ramon Caamaño, CEIP Vilarmide, CEIP do Pindo, CEIP de Carnota.

Novas relacionadas

Comentarios